Presentación do XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario
Un ano máis, e xa van dezaoito, o mes de marzo trae a Compostela o Festival Internacional de Teatro con traballos realizados por compañías procedentes de universidades, departamentos de artes escénicas e escolas superiores de arte dramática. Nesta ocasión terá lugar entre os días 12 e 17 de marzo, no Teatro Principal e na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. O festival presentarano en rolda de prensa este xoves 8, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o director da Aula de Teatro da USDC, Roberto Salgueiro, e o responsable da Área de Cultura, Pablo Sampedro.