Ir o contido principal

Presentación dos XXII Encontros de Educación para a Paz dedicados á cidadanía e os dereitos humanos

O Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) organiza entre os días 1 e 3 de marzo os seus XXII encontros, que nesta ocasión farán fincapé na educación para a cidadanía e os dereitos humanos e que contarán, entre outros, coa presenza do ex director xeral da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza, e do secretario de Estado de Educación, Alejandro Tiana.
Os XXII Encontros de Educación para a Paz presentaranse este xoves, día 15, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nunha roda de prensa na que participarán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e o presidente do SGEP, Manuel Dios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2007.