Presentada a colección de volumes ‘A Gran Obra dos Camiños de Santiago-Iter Stellarum’
A Gran Obra dos Camiños de Santiago-Iter Stellarum, presentada este mércores na Facultade de Xeografía e Historia, reconstrúe a historia deste itinerario, eixo vertebrador da personalidade e a conciencia de Europa ao longo dos seus mil douscentos anos de historia. Esta colección enche o baleiro existente ata o momento, xa que non había unha obra que contemplase de forma global o Camiño, tratando en profundidade todos os seus aspectos e, sobre todo, abordando todos os roteiros.
O reitor Antonio López, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo; Lois Celeiro Álvarez, vicepresidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago; Francisco Rodríguez Iglesias, editor da obra; Gumersindo Guinarte, concelleiro de Turismo do Concello de Santiago; Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex conselleiro da Xunta; e Cecilia Pereira Marimón, Conselleira Delegada da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e Comisaria do Xacobeo 2021, tomaron parte no acto de presentación. O acto serviu para render homenaxe ao coordinador dos 18 volumes que integran a obra Segundo Vázquez Portomeñe.