Presentado o libro 'Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela'
O libro Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela tenta dar “testemuño de todos aqueles que dalgunha maneira teñen axudado a conseguir a Facultade de Física da que dispoñemos hoxe en día”. Así o fai constar a decana deste centro compostelán , Mª Ángeles López Agüera, no arranque deste volume que se presentou este mércores, día 9, no centro compostelán.
A presentación desta obra de Rafael C. Sisto Edreira e María Luisa Losada Sanmartín desenvolveuse na Aula Magna de Física, presidida polo vicerreitor de Profesorado e Organización Académica, Juan Viaño. Esta publicación, ademais dun percorrido pola historia da Física en Compostela e Galicia, propón tamén un inventario de pezas científicas que forman parte do museo da Facultade.