Ir o contido principal

Presentan a segunda edición do Premio Fonseca de divulgación científica

O científico Stephen Hawking foi o primeiro protagonista do galardón que pretende incentivar a transmisión do coñecemento científico e o saber ao gran público

A segunda edición do Premio Fonseca de divulgación científica, cuxo primeiro protagonista foi o pasado ano o científico británico Stephen Hawking, preséntase este martes 31 en rolda de prensa. Na presentación intervirán o reitor da USC, Senén Barro; o presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; e o coordinador do programa ConCiencia, Jorge Mira. O acto celebrarase a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
O Premio Fonseca é unha iniciativa que nace ao abeiro do programa ConCiencia coa fin de incentivar a transmisión do coñecemento científico e o saber ao gran público.
Poderán ser candidatas ao premio aquelas persoas acredoras dunha destacada traxectoria no eido da divulgación científica dirixida ao público en xeral mediante unha utilización eficaz das posibilidades que ofrecen os medios de comunicación e mediante o desenvolvemento de métodos ou medios de divulgación científica innovadores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2009.