Ir o contido principal

Presentan a segunda edición do proxecto Integra2

É unha iniciativa creada para expresar por medio das artes escénicas –principalmente a danza e o teatro- unha nova forma de entender o mundo sen barreiras excluíntes

O proxecto Integra2 é unha iniciativa creada para expresar por medio das artes escénicas –p rincipalmente a danza e o teatro- unha nova forma de entender o mundo sen as barreiras artificiais que a cotío exclúen ou fan que moitas persoas se sintan excluídas. Esta é a filosofía de Integra2, unha proposta do proxecto campUSCulturae no marco do programa de integración na cultura de persoas con necesidades especiais ADAN (Plan para Asociar a Diferenza á Normalidade) en colaboración co Espazo de Danza da USC. As principais características da segunda convocatoria de Integra2 presentaranas en rolda de prensa este mércores 25 o coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz; o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera; e o director de Integra2, Miguel Gendre. O encontro cos medios de comunicación comezará as 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. Esta é unha iniciativa aberta a quen queira participar, forme parte ou non da comunidade universitaria, e con independencia da idade ou condición física, ademais de que non se requiren coñecementos ou formación previa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2013.