Ir o contido principal

Presentan na Escola Politécnica Superior de Lugo un proxecto de bombeo solar directo para hortos ecolóxico en Mauritania

A Escola Politécnica Superior de Lugo acubillará este xoves 15 a presentación do proxecto ‘ Bombeos solares directos e hortos ecolóxicos en Mauritania’, realizado baixo o auspicio da asociación sen ánimo de lucro Rebibir. A sesión comezará ás 19.00 horas no Salón de Actos do centro lugués coa intervención de Pedro Pazos e Mario Morales, promotores do proxecto. O proxecto consiste na reutilización de 50 pozos tradicionais ata agora en desuso para abastecer de auga a persoas, animais e hortos. O bombeo de auga destes pozos realizase a través de módulos solares móbiles e un sistema integrado por un optimizador de enerxía e bomba hidráulica. Os hortos aos que se abastece con este sistema cultívanos mulleres da zona en réxime de cooperativa, sendo primordial para o proxecto a produción de hortalizas e a obtención de sementes. O proxecto Rebibir encárgase do seguimento técnico, ademais de ofrecer unha formación continua en coñecementos de agroecoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2011.