Ir o contido principal

Presentan a Estación Permanente GPS instalada polo Instituto Xeográfico Nacional na Escola Politécnica Superior de Lugo

Estas Estacións permiten elevadas precisións na definición de coordinadas xeográficas terrestres

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo (EPS) acolle este xoves 9 a presentación da Estación Permanente GPS que o Instituto Xeográfico Nacional acaba de instalar neste centro lugués. A presentación desenvolverase a partir das 11:00 horas na Sala de Xuntas do centro coa presenza do subdirector da EPS Ulises Diéguez; dos profesores da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da USC, José A. Pardiñas e Mª Luz Gil; e do responsable de Programas Xeodésicos do Instituto, José A. Sánchez Sobrino Este último pronunciará a conferencia ’Infraestrutura Xeodésica en España’ na que porá de manifesto a importancia deste tipo de instalacións para o desenvolvemento tecnolóxico de sectores profesionais moi relacionados coas titulacións de grao impartidas na EPS, como as enxeñarías Civil, Topográfica, Agrícola ou Forestal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2011.