Presentan en Filosofía o libro Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur
A Facultade de Filoloxía será testemuña este xoves 13 da presentación do libro Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur do profesor Marcelino Agís. No Salón de Actos do centro, a partir das 19.30 horas, intervirán neste acto o decano da Facultade, Luis García Soto; o catedrático da USC Carlos Baliñas; o investigador José Luis Pastoriza; e o propio autor. O volume é un percorrido pola filosofía de Ricoeur mostrando os sinais de identidade dun filósofo plural tanto nos temas como nos interlocutores seleccionados ao longo da súa actividade intelectual.