Presentan en Historia unha nova obra do grupo Iacobus sobre o patrimonio cultural iberoamericano das ordes relixiosas
O grupo de investigación Iacobus presentará este xoves, 2 de marzo, dúas novas publicacións de 1.468 páxinas e centos de imaxes e ilustracións a cor baixo o título Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Co editada pola USC e Alvarellos Editora, presentarán a obra o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o director da obra, o catedrático José Manuel García Iglesias; a coordinadora do volume, Carla Fernández Martínez; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos Casas. A presentación celebrarase a partir das 12.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia.
Os dous volumes reúnen as máis recentes achegas de 54 historiadores da arte arredor dun amplo campo de investigación e traballo que se estende, dende Galicia, por toda Iberiamérica. Son numerosos os relacionados con monumentos galegos así como do exterior, a través de estudos sobre a arquitectura franciscana en México, os programas iconográficos os xesuítas en Lima ou a presenza dos Jerónimos en Europa e América, entre outras cuestións.