Ir o contido principal

Presentan en Lugo o novo Máster en Arquitectura da Paisaxe

Representantes da USC e da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega presentarán este martes 4 ás 12:30 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo o novo Máster Oficial en Arquitectura da Paisaxe que, adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior, comezará a impartirse o vindeiro ano académico. Este programa é unha transformación do anterior título propio das Universidades de Santiago e da Coruña que promove e financia a Fundación Juana de Vega.
Na presentación estarán a coordinadora do máster na USC, María Isabel Iglesias; o director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Javier Bueno; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2010.