Presentan no Paraninfo da Universidade o libro Santiagos de Santiago
O profesor de Historia da Arte José Manuel García Iglesias presentará o luns 19 o seu libro Santiagos de Santiago, obra que editan o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. Ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), o reitor Juan Casares presidirá o acto de presentación.
Na sesión intervirán ademais o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, en calidade de presidente do Consorcio; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; o director do Departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández Castiñeiras; e o editor da publicación, Henrique Alvarellos, ademais do autor. Asisten ademais, o xerente do Consorcio de Santiago, José M. Villanueva; e o director do Servizo de Publicación do Consorcio, Juan Conde Roa.