Ir o contido principal

Presentan na Universidade de Santiago o proxecto europeo sobre “Dinámicas Urbanas”

É un proxecto da convocatoria Erasmus +, no que participan investigadores da USC, de Kiel, Paris 8, Pernambuco e da Universidade de Salvador de Arxentina.

Os promotores do proxecto “Dinámicas Urbanas” que vai ser financiado por Europa, no marco da convocatoria “Erasmus +” para 2015-17 e no que participan profesores e especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, de Kiel (Alemaña), Paris 8 (Francia) e, como asociados extracomunitarios, a Universidade Federal de Pernambuco (Brasil) e a Universidade del Salvador (Arxentina).

Este proxecto é un dos primeiros Erasmus + concedidos a grupos de investigación destas Universidades, nas que traballan investigadores procedentes dos ámbitos das Ciencias Sociais e Humanidades, en especial Socioloxía, Xeografía, especialistas en crítica literaria e expertos en estudos culturais.

O proxecto pretende impulsar estudos de posgrao e máster sobre a cidade e os procesos de urbanización en Europa. figura tamén entre os seus obxectivo desenvolver perfiles profesionais urbanos con competencias técnicas y humanísticas sólidas para afirmarse como intermedio entre el perfil correspondente aos arquitectos eurbanistas e osasistentes-animadores sociais.

Os investigadores queren desarrollar un modelo de formación válido para xestionar os problemas territoriais, sociais e culturais aos que se enfrontarán no futuro as grandes cidades desde a previsión de su evolución, a partir da actualidade.

Para dar coñecer os pormenores, os obxectivos e contidos deste proxecto, celebrase un acto público o vindeiro martes, día 20, ás 12 horas, no Centro de Estudos Avanzados da USC, no que participarán Javier Gómez-Montero, coordinador xeral, da Universidade de Kiel; Anne-Marie Autissier, coordinadora da Universidade de París 8; Rubén Lois González, coordinador da Universidade; Anxo Abuín, coordinador adxunto da da USC, e os profesores Fernando Cabo e María José Piñeira. Estarán tamén neste acto as vicerreitoras de Investigación e Innovación e de Internacionalización, Isabel Rodríguez-Moldes e Almudena Hospido, respectivamente, e o secretario Xeral de Cultrua da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.10.2015.