Ir o contido principal

Preséntanse na USC as actas do 'I Congreso Internacional. O pensamento luso-galaico-brasileiro (1850-2000)'

As actas do ‘I Congreso Internacional. O pensamento luso-galaico-brasileiro (1850-2000)’, que a Universidade Católica Portuguesa organizou na cidade de Oporto en outubro do ano 2007, e no que participaron profesores de universidades dos tres países, presentaranse este xoves 3 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC.
No acto intervirán o decano da Facultade de Filosofía, Luís García Soto; o catedrático, José Luís Barreiro; o profesor da Facultade de Filoloxía, Elías Torres; o vicepresidente do Instituto de Filosofía Luso-Brasileira, Antonio Braz; o profesor da Universidade Católica Portuguesa, Arnaldo de Pinho; e o editor da obra, Estevao de Moura.
As actas do ‘I Congreso Internacional. O pensamento luso-galaico-brasileiro (1850-2000)’ están editadas pola Imprenta Nacional-Casa da Moeda de Lisboa, e constan de tres volumes con máis de 2.200 páxinas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2009.