Preséntase en Ciencias da Comunicación o XVIII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’
A Facultade de Ciencias da Comunicación será o escenario no que se presentará o vindeiro mércores 7 unha nova edición do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ convocado con motivo da celebración da Feira do Cocido de Lalín. O alcalde Xosé Crespo e o decano do centro compostelán, Xosé Pereira, presentarán este mércores 7 as bases da dezaoito edición do premio nunha rolda de prensa ás 12.30 horas na Facultade da USC coa asistencia ademais do concelleiro de Turismo, José A. Rodríguez.
Esta é a primeira ocasión en que a presentación do premio xornalístico se realiza fóra e Lalín. Na anterior edición, o galardón recoñeu a Pepe Ribagorda e os informativos de Telecinco ou a programas da Radio Galega.