Preséntase en Couceiro Palabras extremas: Escritoras gallegas e irlandesas de hoy
A profesora Manuela Palacios presenta este venres 21, ás 20:00 horas na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes), o libro Palabras extremas: Escritoras gallegas e irlandesas de hoy que, xunto con Helena González Fernández, editou na editorial Netbiblo. O volume é o resultado dun proxecto de investigación do grupo Poesía e Xénero’ da USC.
Na presentación intervirán, ademais da profesora Palacios, o editor xeral da colección Irish Studies, Antonio Raúl de Toro; o especialista en literatura comparada e escritor Arturo Casas; e a profrsora do Proxecto ‘Poesía e Xénero’ da USC, Mª Xesús Nogueira.
Ao acto seguiralle un recital de poesía coa participación de María do Cebreiro, Chus Pato e Ana Romaní.