Preséntase en Dereito La actualización de la Administración electrónica
O Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do sector Público presenta este mércores 5 na Facultade de Dereito a súa última obra, La actualización de la Administración electrónica, publicada por Andavira Editora. Será ás 13.00 horas na sala de xuntas.
Este volume colaborativo nace da necesidade de adaptar a Administración pública á chamada ‘ sociedade dixital’, un dos grandes desafíos dos entes públicos españois neste século XXI.
O acto contará coa presenza do coordinador do Observatorio, o profesor de Dereito administrativo da USC Marcos Almeida, en el intervirán ademais o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte; a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o secretario xeral adxunto da USC, Carlos Gómez Otero; e o xerente de Everis, David Iglesias Rilo.