Ir o contido principal

Preséntase en Dereito o manual práctico Termos esenciais de dereito mercantil

Preséntase en Dereito o manual práctico Termos esenciais de dereito mercantil
Preséntase en Dereito o manual práctico Termos esenciais de dereito mercantil

A Facultade de Dereito presenta este venres 27 o duodécimo volume da serie de termos esenciais en galego e sexto dedicado ao mundo do dereito. Logo dos termos esenciais de constitucional, penal, internacional, administrativo e civil chega agora o Termos esenciais de dereito mercantil, con 1.218 conceptos consultables en galego e castelán. A presentación deste manual práctico terá lugar ás 13.00 horas no salón de graos da man da vicerreitora de Política Lingüística da USC, Carme Silva; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o decano da facultade, Luis Míguez; a coordinadora da Comisión de Normalización da Facultade, Antonia Nieto Alonso, e a autora da obra, a profesora de dereito mercantil Miriam Martínez Pérez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2015.