Ir o contido principal

Preséntase en Económicas o libro 'Nuevos retos para el turismo'

Os profesores do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago Gonzalo Rodríguez e Fidel Martínez participarán este xoves 19 na presentación do libro Nuevos Retos para el Turismo, que eles mesmos coordinan.
A presentación desenvolverase ás 19:00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no marco dunha mesa redonda na que tamén participarán a profesora Carmela Castro, coordinadora do Master en Dirección e Xestión do Turismo, e o profesor do departamento de Economía Cuantitativa, Xesús Pereira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2009.