Ir o contido principal

Preséntase unha nova edición do campus de verán da USC para nenos e nenas

A Universidade compostelá convoca un ano máis para toda a cidadanía unha nova edición do Verán CampUSC, unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos de idade que permitirá conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións escolares. Os detalles da convocatoria, que abre a preinscrición esta semana, presentaranos en rolda de prensa este xoves 18 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2013.