Preséntase en Filoloxía un novo volume da colección ‘Cuadernos de Español como Lengua Extranjera’
A Universidade de Santiago vén de editar o quinto volume da colección ‘Cuadernos de Español como Lengua Extranjera’, concibida en 2008 con carácter pedagóxico para facilitar tanto a alumnado estranxeiro como a profesorado a aprendizaxe e ensinanza do español.
Neste caderno, a competencia cultural constrúese fundamentalmente a partir de textos literarios de, entre outros e outras, Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Suso de Toro, Yolanda Castaño ou Álvaro Cunqueiro, con Santiago de Compostela como referencia.
A publicación, que leva por título G eografías Literarias, presentarase este xoves 17 ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía nun acto no que participarán o seu autor, Xaquín Núñez Sabarís; o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce; a vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro, e o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan L. Blanco Valdés.