Ir o contido principal

Preséntase en Filosofía o libro La metáfora en la obra de Paul Ricoeur

O libro La metáfora en la obra de Paul Ricoeur de José Pena Mouriz presentarase este xoves 17 nun acto que comezará ás 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. A obra recolle a tese de doutoramento realizada polo seu autor baixo a dirección do profesor Marcelino Agís Villaverde. Na presentación intervirán ademais do autor e do director da tese, o profesor da USC César Raña Dafonte, o director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; e José Pena, da editorial responsable do libro. A metáfora ten sido estudada tradicionalmente dende a retórica e no ámbito dos estudos literarios, engadindo agora o interese espertado dende o campo da filosofía, obxectivo este último da obra a presentar. Para conseguilo, o autor toma como referente a obra de Paul Ricoeur, quen consagrou ao estudo da metáfora filosófica abundantes e importantes obras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2011.