Ir o contido principal

Preséntase o libro A galería de decanos da Facultade de Medicina, que conmemora os 366 anos do centro

Con motivo da conmemoración dos 366 anos da creación da Facultade de Medicina, a Universidade de Santiago acaba de editar o libro A galería de decanos da Facultade de Medicina do que son autores Ricardo Gurriarán, Xesús Otero Costas e José Manuel García Iglesias. O volume preséntase este mércores 3 ás 12.00 horas na Sala de Graos da Facultade de Medicina e Odontoloxía nun acto presidido polo reitor Juan Viaño no que intervirán ademais o decano da Facultade, Juan Jesús Gestal Otero; o autor Xesús Otero; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2014.