Ir o contido principal

Preséntase en Lugo un encontro internacional de empresarios do sector lácteo

A vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos da USC, Marta Miranda, e o director do Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, Juan Méndez, presentarán este martes 13 ás 12:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo a XVIII Asemblea anual da Federación Panamericana de Leitería (FEPALE), que este ano se celebrará en Lugo co obxectivo de estreitar os lazos de unión entre empresarios leiteiros de todo o mundo ao tempo que se estudan novas oportunidades de cooperación.
O CTLácteo, o único socio en España da FEPALE, promoveu que este encontro internacional se celebre por vez primeira fóra do continente americano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2010.