Ir o contido principal

Preséntase en Lugo un libro sobre a xestión do risco de desastres naturais

A obra inclúe textos de vinteoito autores e está editada polo profesor da USC Urbano Fra

O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Javier Bueno, presentará este mércores 16 de decembro ás 13:00 horas na Sala de Xuntas deste centro universitario o libro Construción de comunidades máis seguras. Gobernanza do risco, ordenación do territorio e as respostas aos perigos naturais, publicado por IOS Press e editado polo profesor da USC Urbano Fra.
Este libro é unha colección de ensaios de vinteoito autores, de dezasete disciplinas diferentes, nas que presentan a súas visións particulares sobre as direccións e os compoñentes clave na xestión do risco. Algúns dos temas abordados neste traballo son a análise dos procedementos adoptados polas políticas públicas en relación coa xestión do risco de desastres naturais, incluídos os de emerxencia e a xestión ambiental, o desenvolvemento comunitario e a planificación espacial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2009.