Ir o contido principal

Preséntase este luns no Colexio de Fonseca a exposición 'Camelia de Galicia'

O director-xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, e o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago, Elías Torres, presentarán este luns, día 17, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, a exposición ‘Camelia de Galicia’. No acto participará tamén a presidenta da Sociedade Española da Camelia, Carmen Salinero.
Coincidindo coas datas das vacacións de Semana Santa, os días 21 e 22 de marzo o claustro de Fonseca acollerá unha mostra da enorme variedade de flores de camelia existente en Galicia, procedentes dos xardíns de máis de vinte coleccionistas galegos. Trátase así de fomentar e potenciar a imaxe turística do país a través da exaltación desta planta característica dos xardíns de inverno galegos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2008.