Ir o contido principal

Preséntase o martes 16 na EPS a campaña ‘A ciencia dos alimentos’, promovida pola Aula de Produtos Lácteos

Esta iniciativa, que destaca a importancia económica do mundo da alimentación, inclúe unha mostra itinerante por centros educativos e unha gincana polas rúas de Lugo

A Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Compostela e a Escola Politécnica Superior do campus de Lugo reivindican a modernidade, a innovación e as múltiples posibilidades de inserción laboral que ofrece a industria alimentaria a través da campaña ‘A ciencia dos alimentos’, unha iniciativa orientada a divulgar e dar a coñecer a importancia que ten o mundo da alimentación na economía e que se presentará este martes, a partir das 13.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

Esta ambiciosa iniciativa apoiada polo Ministerio de Economía e pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, busca impulsar as vocacións científicas, na súa vertente alimentaria, entre o alumnado lugués de ensino secundario e ciclos de formación profesional de grado medio e superior relacionados coa produción de alimentos.

O director da Aula de Produtos Lácteos da USC, Juan Méndez Dónega; o director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Javier Bueno, e a profesora e coordinadora de curso do grao en Enxeñaría de Industrias Agroalimentarias da Universidade de Santiago de Compostela, María Teresa Alegre, serán os encargados de detallar as distintas accións contempladas no marco deste programa, que inclúe relatorios e unha exposición itinerante por centros de ensino da cidade de Lugo e que concluirá coa celebración dunha gincana pola cidade, na que tamén participarán establecementos de alimentación, hostalería...

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2013.