Preséntase este martes o libro 'Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país'
A USC conmemora este curso o Ano Rodríguez Cadarso, reitor da institución na década dos anos 30, no que é o 75 cabodano do seu pasamento. Entre outras moitas actividades acaba de editarse o libro Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país, catálogo da exposición que se inaugurará o 17 de decembro en Fonseca.
A publicación, na que colaboran historiadores, literatos, químicos, médicos, xeógrafos, filósofos ou avogados, presentarase este martes, día 9, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Nela recóllense, desde moi diversas ópticas, as escasas pegadas atopadas de Cadarso durante o proceso de produción da mostra. Presentan o libro o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, o profesor e coordinador do Ano Cadarso, Manuel Bermejo, e un dos participantes na publicación, Ricardo Gurriarán.