Ir o contido principal

Preséntase este mércores en Filosofía un libro en memoria do profesor Ángel Álvarez Gómez

Trinta e dúas colaboracións de expertos de oito universidades españolas conforman o volume Experientia et sapientia. Estudios dedicados a la memoria de Ángel Álvarez Gómez que este mércores, día 5, se presentará ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. A edición correu a cargo de María Jesús Vázquez, Juan Vázquez e César Raña.
Na presentación deste libro homenaxe intervirán o reitor da USC, Senén Barro Ameneiro; o decano da Facultade, Luís García Soto, e os profesores Mercedes Torrevejano, Mariano Álvarez Gómez e Mª Jesús Vázquez Lobeiras, en nome dos comités editorial e científico. Asistirán tamén familiares do profesor finado en 2005.
Na Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Álvarez Gómez constituíu un referente para a formación dos estudantes no pensamento moderno, non só dende a óptica da teoría do coñecemento, senón tamén en relación con autores como Leibniz, Spinoza, Voltaire, Kant o Hegel. Pero quizais unha das características máis acentuadas da súa personalidade sexa o feito de que un especialista en racionalismo fose ao mesmo tempo un católico comprometido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2008.