Ir o contido principal

Preséntase a programación de actividades de Lugo Cultural para os vindeiros meses

Leilía abre o ciclo Lubicán presentando na cidade o seu novo álbum o 16 de febreiro

Lugo Cultural ten xa avanzada a programación de actividades a desenvolver na cidade nos vindeiros meses, comezando polo concerto que o xoves 16 de febreiro ofrecerá Leilía no Auditorio Gustavo Freire. O programa cultural presentarase en rolda de prensa este xoves 9 ás 12.00 horas Sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo nun acto no que participarán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus, Pedro García Herradón; o tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao; e o deputado da Área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro. O mesmo acto contará coa presenza de Montse Rivera, compoñente de Leilía, que aproveitará para falar do último traballo do grupo, Consentimento, que presentarán no concerto da vindeira semana e co que se abre o ciclo Lubicán 2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2012.