Ir o contido principal

Preséntase o proxecto de exhumación e identificación das vítimas da represión na Guerra Civil

O edificio San Roque acollerá este venres, día 7, ás 12:00 horas, unha rolda de prensa sobre a exhumación de foxas en Galiza e posterior identificación das vítimas da represión na Guerra Civil.
Participarán a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro; o vicerreitor da USC e director do proxecto ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’, Lourenzo Fernández Prieto; o director do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), Benito López de Abajo; e a secretaria do Instituto de Medicina Legal da USC, Victoria Lareo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2008.