Ir o contido principal

Preséntase o proxecto Innopharma á comunidade científica galega

O proxecto Innopharma, que achega novas capacidades tecnolóxicas para potenciar en Galicia o desenvolvemento farmacéutico e o descubrimento de fármacos, preséntaselle á comunidade científica galega este mércores 2 ás 17:00 horas no Salón de Actos do Centro de Investigación CIMUS. Na xornada explicaranse as posibilidades de colaboración e valorización que esta plataforma abre aos grupos de investigación que traballan neste ámbito. O proxecto, unha iniciativa da USC financiada polo Fondo Tecnolóxico, potencia e integra as capacidades das plataformas de Xenotipado (Grupo de Medicina Xenómica) e de Cribado de Fármacos (grupo BioFarma) da USC dirixidas polos profesores Ángel Carracedo e Mabel Loza, respectivamente. O seu obxectivo é axudar a cubrir o espazo existente entre a investigación básica en novos mecanismos terapéuticos e a súa aplicación industrial, valorizando os resultados de investigación e trasladando este coñecemento a programas de desenvolvemento de fármacos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2013.