Preséntase en Santiago o libro que recolle as memorias de Manuel Barros
Os profesores da USC Isaura Varela, Carlos Barros e Xavier Castro intervirán este xoves, día 22, na presentación do libro O rapás da aldea. Memorias dun traballador (1918-1976) que, editado pola Fundación 10 de Marzo, recolle as memorias de Manuel Barros Fernández. O acto terá lugar ás 20:00 horas na Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7).
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, prologou a obra, unha edición ao coidado de Begoña Méndez e Víctor Santidrián, salientando que “as traballadoras e os traballadores protagonizaron moitas páxinas da Historia”. Manuel Barros Fernández, afirma, “foi un deses protagonistas, aínda que o seu nome non apareza nos libros de Historia, e moito menos na capa deses volumes”.