Ir o contido principal

Preséntase o sexto número da revista Quintana, sobre a provocación e a transgresión na arte

A provocación e a transgresión na arte é a cuestión xeral sobre a que xira o sexto número de Quintana, Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte da USC que dirixe a profesoraMaría Luisa Sobrino.
A publicación preséntase este xoves, 8 de maio, ás 13:00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, nun acto no que ademais da profesora Sobrino participan a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, María José Alonso, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.
Neste novo número téntase arroxar luz sobre o cuestionamento dos límites establecidos polas representacións artísticas nun momento no que as reducións dos discursos e posicionamentos dentro dos marcos do correcto ou da intolerancia semellan estar a producir, ás veces, un empobrecemento da capacidade crítica da arte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2008.