Ir o contido principal

Preséntase o vocabulario de termos esenciais de dereito civil, o cuarto da Facultade

A Facultade de Dereito presenta este martes 23 o cuarto volume da serie de vocabularios de termos esenciais en galego. Logo dos de constitucional, penal e internacional chega agora o de dereito civil, con 1.270 conceptos consultables en galego e castelán. A presentación deste manual práctico terá lugar ás 11.00 horas na Sala de Xuntas de Dereito nun acto no que participan a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o decano da facultade, Luis Míguez; a coordinadora da obra, a profesora de dereito civil Antonia Nieto; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2013.