Ir o contido principal

Preséntase en Xeografía e Historia un libro que explora a evolución das librarías catedralicias

O libro Librerías catedralicias. Un espacio del saber en la Edad Media y Moderna presentarase este xoves 20 na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia nun acto ás 12.00 horas. A creación das bibliotecas catedralicias, o seu proceso evolutivo, o papel que xogaron no marco das bibliotecas canónicas hispanas, a construción dos conxuntos monumentais que as albergaron, son algúns dos apuntamentos que se formulan na obra. A obra, promovida editorialmente pola profesora de paleografía da USC Ana Suárez González, foi coeditada en entre as Universidades de Santiago e de León e se inscribe na liña de colaboración entre as editoriais agremiadas á Unión de Editoriais Universitarias españolas. Na presentación, presidida polo decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan M. Monterroso, intervirán os directores de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Juan L. Blanco Valdés, e da Universidade de León, Jesús Nieto Ibáñez, así como a co-autora do libro, Ana Suárez González.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2014.