Preséntase en Xeografía e Historia o último número da revista Sémata
Baixo o título ‘Francisco de Asís e o franciscanismo. Visións e revisións’ preséntase o número 26 da revista Sémata da Facultade de Xeografía e Historia que nesta ocasión coordinaron as profesoras María Luz Ríos Rodríguez e Mª Dolores Fraga Sampedro, que explicarán os detalles da publicación este xoves 19 ás 12.00 horas na Sala de Profesores do centro. O volume, editado polo Servizo de Publicacións da USC froito dunha colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, aborda dende moi diferentes perspectivas a herdanza de san Francisco no seu tempo e no devir histórico, así como a súa expansión no Occidente cristián e nas consideradas terras de misión, Asia e América.