O presidente da asociación de BIC's de Portugal visitou as instalacións de Uninova
O presidente da Asociación de BIC’s de Portugal e vicepresidente da Asociación Europea EBN (European BIC Network), Victor Saa Carneiro, visitou as instalacións da incubadora de empresas da USC, Uninova, onde foi recibido polo seu xerente, Gustavo Marcos. Á xuntanza tamén asistiu Lourenço Ribeiro, de BIC Minho.
O obxecto da visita foi a preparación dun encontro transnacional de empresas do sector TIC, que terá lugar no vindeiro mes de marzo no Campus de Santiago. Con este evento preténdese estimular o establecemento de acordos de cooperación entre empresas deste sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.