O presidente de Blue:Sens ofrece o mércores unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
‘O milagre BLU:SENS’ é o titulo da conferencia que José Ramón García González, presidente de Blu:Sens, a empresa galega líder en electrónica de consumo de maior proxección internacional, ofrecerá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago o mércores, día 17, ás 16:00 horas.
Na conferencia José Ramón García, un dos emprendedores españois máis versátiles no sector das novas tecnoloxías, explicará as propostas innovadoras desta punteira empresa cuxos principais obxectivos son a internacionalización e a inversión en I+D. Deste xeito, falará das estratexias desta empresa galega que en tan só cinco anos xa rivaliza coas maiores multinacionais do sector das novas tecnoloxías como Sony ou Apple.