Ir o contido principal

O presidente de Cabo Verde, Jorge de Almeida fonseca, visita a Universidade de Santiago

Juan Viaño e Jorge Carlos de Almeida Fonseca. Foto: Santi Alvite
Juan Viaño e Jorge Carlos de Almeida Fonseca. Foto: Santi Alvite

O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, visitou hoxe, venres 24 de marzo, a Universidade de Santiago de Compostela, asinou no Libro de Honra, fixo un recorrido polo Patrimonio Histórico da Institución, participou nunha reunión de traballo co reitor, Juan Viaño e, pola mañá, visitou a Facultade de Dereito e mantivo unha xuntanza con profesores da mesma, entre eles a Secretaria Xeral da USC, Consuelo Ferreiro, e o decano, Gumersindo Guinarte.

O presidente de Cabo Verde, tamén xurista e que foi profesor de Dereito na Universidade de Lisboa, interesouse polo estado dos estudos de leis en Galicia. Xa pola tarde, o reitor Juan Viaño Rey, acompañado polos vicerreitores de Oferta Docente e Innovación Educativa e internacionalización, Roberto López López e Almudena Hospido Quintana, respectivamente, e a directora da Biblioteca Xeral da USC, Mabela Casal, recibiu oao presidente e á súa comitiva no salón reitoral de San Xerome, onde falaron de intercambios docentes, de investigación e da colaboración entre bibliotecas así como en ámbitos de investigación.

O presidente de Cabo Verde vén acompañado dunha comitiva formada por, entre outros, o embaixador de Cabo Verde en España, Mario Ferreira Lopes Camoes; a ministra conselleira da Embaixada, Maria Socorro Mendes de Andrade de Melo Cruz; o cónsul en Galicia, Francisco Canabal López; a conselleira para a Comunidade e Imigración, Ana Jaqueline Silva; e o conselleiro para Comunicación, Joaquim do Rosário.

O presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, visitou a USC. No centro, co reitor Juan Viaño Rey. Foto: Santi Alvite

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2017.