Ir o contido principal

O presidente de Gadisa apadriña este venres a primeira promoción de graduados en Administración e Dirección de Empresas

O acto de entrega de insignias aos novos 55 titulados desenvolverase a partir das 19.00 horas na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo acollerá este venres, día 7 de xuño, a partir das 19.00 horas, o acto de entrega de insignias aos 55 novos/as titulados/as da primeira promoción de graduados en Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo.

O presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, actuará como padriño dos novos/as graduados/as no marco dun acto institucional presidido polo vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do campus de Lugo, Pablo Ramil Rego, no que tamén ofrecerá un relatorio aos asistentes. A decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus lugués, Begoña Barreiro, tamén fará uso da palabra neste acto, durante o que as novas graduadas Alejandra Abuín Sixto e Elena Centelles Vázquez, en representación do estudantado desta primeira promoción, farán unha semblanza do seu periplo universitario. O decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Salustiano Velo Sabín; a deputada provincial de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Luis Álvarez, serán outras das autoridades que intervirán como relatores no acto de despedida da primeira promoción de graduados en Administración e Dirección de Empresas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2013.