Ir o contido principal

O prestixioso matemático Peter Lax, Premio Abel en 2005, visita Compostela a vindeira semana

Peter Lax (Budapest, Hungría, 1926), un dos principais prodixios matemáticos do século XX, visita Compostela a vindeira semana nunha actividade enmarcada no Programa ConCiencia que organizan conxuntamente a USC e o Consorcio de Santiago.
Considerado o matemático máis versátil da súa xeración con contribucións seminais a moitas ramas desa ciencia, Lax foi merecedor en 2005 do Premio Abel, outorgado polo rei de Noruega á imaxe e semellanza dos Premios Nobel en Suecia.
En 1945, con tan só 19 anos, Peter Lax integrábase no famoso Proxecto Manhattan que construíu a primeira bomba atómica, no que el se dedicou ao transporte de neutróns.
ActividadesPeter Lax impartirá o martes, 30 de outubro, no Centro Galego de Arte Contemporánea ás 20:00 horas, a conferencia ‘A vida e época de von Neumann’. Previamente, ás 16:30 horas, ofrecerá unha roda de prensa na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2007.