Ir o contido principal

Preto de 2.000 termos criminolóxicos en galego nun novo vocabulario editado pola USC

Preto de 2.000 termos criminolóxicos en galego nun novo vocabulario editado pola USC
Preto de 2.000 termos criminolóxicos en galego nun novo vocabulario editado pola USC

Alma do canón, antehélice, asañamento, pegada, marcas de luvas ou iatroxenia son termos que deben usar os profesionais da criminoloxía que empreguen o galego como lingua de traballo. Todos eles, ata case 2.000, aparecen recollidos nun novo traballo terminográfico do Servizo de Normalización Lingüística da USC, editado nesta ocasión en colaboración co Instituto universitario de Criminoloxía, que leva máis de trinta anos impartindo docencia na USC e que aspira a impartir o grao, título oficial xa implantado en varias universidades españolas.

O Vocabulario de Criminoloxía recolle termos en galego e as súas equivalencias en español e inglés cos conceptos básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas aglutinadas ao redor dos seus obxectos de estudo como son o crime, a conduta desviada e o delicuente e a vítima.

Coordinado polos profesores da facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía Gumersino Guinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL da USC, este é o sétimo volume da Colección Vocabularios Temáticos. A publicación pode descargarse de balde en formato .PDF ou mercarse a súa versión en papel.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2016.