Ir o contido principal

A primeira edición do Encontro Mundial de Médicos Galegos celebrarase en Medicina

Entre este xoves 19 e o sábado 21

A primeira edición do Encontro Mundial de Médicos Galegos celebrarase na Facultade de Medicina entre este xoves 19 e o sábado 21 organizado por Asomega. No acto inaugural, a desenvolver ás 16.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, está prevista a participación do reitor Antonio López; do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; e o presidente de Asomega, Julio Ancochea.

Esta é unha iniciativa que busca poñer en valor o empuxe da medicina galega, dentro e fóra de España, nun espazo aberto para o intercambio de coñecemento e experiencia. Como explican os seus prometores, o Encontro “sentará as bases para alcanzar o equilibrio entre innovación, novas tecnoloxías e humanización deste ámbito, compartindo a idea da medicina galega que traspasa fronteiras e que combina ciencia, innovación e sentimentos”. Logo do acto inaugural, está previsto que José Ignacio Carro Otero pronuncie a conferencia inaugural co título ‘Achegas singulares, dende Europa, á medicina exercida en Galicia no decurso dos séculos’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2019.