A primeira promoción do Grao en Ciencias Políticas celebra o acto de graduación
Os primeiros titulados do Grao en Ciencias Políticas da Universidade de Santiago asistirán este sábado 28, ás 17:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, ao seu acto académico de graduación que presidirá o reitor Juan Casares Long. No acto intervirán a decana da Facultade, Nieves Lagares; a concelleira Mercedes Rosón; e o estudante Martín Portos García. Asisten tamén a vicedecana e a secretaria da facultade, Cristina Ares e María Antonia Arias, respectivamente.