Ir o contido principal

A primeira promoción do Máster en Enxeñaría Ambiental celebra o acto fin de carreira

O máster forma parte do Programa Oficial de Posgrao Enxeñaría Química e Ambiental

A primeira promoción do Máster en Enxeñaría Ambiental da USC, integrado no Programa Oficial de Posgrao Enxeñaría Química e Ambiental, celebrará o vindeiro luns, día 25, o acto de fin de carreira que se desenvolverá a partir das 18:00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
A cerimonia estará presidida polo reitor Senén Barro Ameneiro e nela intervirán ademais o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo; os directores xerais de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia e de Calidade e Avaliación Ambiental, José Ramón Leis e Joaquín Lucas Buergo, respectivamente; o director da Escola, Juan Lema; o coordinador do Master, Gumersindo Feijoo; e o padriño da promoción, Juan Casares.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2007.