Ir o contido principal

O primeiro prazo de matrícula para iniciación de estudos en grao ábrese este mércores 10 de xullo

Os seguintes prazos do mes de xullo estenderanse entre os días 16 e 17, 20 e 22, 25 e 26, e 30 e 31. Imaxe de arquivo de estudantado no campus. FOTO: Santi Alvite
Os seguintes prazos do mes de xullo estenderanse entre os días 16 e 17, 20 e 22, 25 e 26, e 30 e 31. Imaxe de arquivo de estudantado no campus. FOTO: Santi Alvite
O proceso a través da Secretaría Virtual finaliza ás 23.59 horas do 11 de xullo
Lugo, Santiago de Compostela

A USC abre do 10 ao 11 de xullo o primeiro prazo de matrícula ordinaria para iniciación de estudos en grao nas titulacións nas que o estudantado xa foi previamente admitido. O proceso a través da Secretaría Virtual finaliza ás 23.59 horas do último día.  

Os seguintes prazos do mes de xullo estenderanse entre os días 16 e 17, 20 e 22, 25 e 26, e 30 e 31. O sexto prazo xa terá lugar en setembro, entre os días 4 e 5. Ademais, a convocatoria con vacantes esténdese do 15 de xullo ao 15 de outubro. No caso de que se produzan vacantes en titulacións xa pechadas convocarase ao estudantado que lle corresponda, aínda que xa estean matriculados noutra titulación, para matricularse nos prazos de matrícula ordinarios ou nas convocatorias específicas que terán lugar en setembro do 11 ao 12, do 25 ao 26, así como do 12 ao 14 de outubro. 

A matrícula en titulacións con prazas vacantes para persoas ás que non lles foi concedida praza ou que non a solicitaron, poderá formalizarse de xeito presencial entre o 11 de setembro e o 15 de outubro. Todos os prazos poden consultarse no Calendario de Graos (curso 24/25) dispoñible en liña. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2024.