As probas de nivel de idiomas do CLM serán este venres e o próximo
As persoas interesadas en estudar no Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC unha lingua estranxeira da que posúan coñecementos previos –ou non aprobasen o nivel anterior no CLM– terán que facer unha proba de nivelación este venres 10 ou o 17 de febreiro. Para realizala deberán inscribirse a través da páxina web do CLM. Para este segundo cuadrimestre o CLM convoca cursos de catalán, checo, chinés, portugués, ruso e xaponés no Campus de Santiago e francés no de Lugo e de galego para non galegofalantes. Ademais, ata o 31 de marzo ou ata esgotar prazas segue aberta a matrícula nos Módulos de Autoaprendizaxe Titorizada. O prazo de matrícula para catalán, checo, chinés, galego para non galegofalantes, portugués e ruso remata o 22 de febreiro. Para o resto pode consultarse na web do CLM.