Ir o contido principal

Profesionais do sector impartirán na Facultade de Ciencias unha xornada sobre xeotermia

A Asociación Clúster de Xeotermia Galega (ACLUXEGA) celebrará este mércores 26 na Facultade de Ciencias de Lugo unhas Xornadas de Sensibilización sobre a Xeotermia, nas que se explicarán que é a xeotermia, os seus usos en edificación e casos prácticos. O encontro dará comezo ás 19.00 horas no Salón de Actos do centro e nel intervirán o presidente de ACLUXEGA, Manuel López; o catedrático da Prospección e Investigación Mineira da Universidade de Vigo, Enrique Orche; e o responsable da Área de Edificación de Energylab, Juan Ignacio Rodríguez. As xornadas están dirixidas a arquitectos, aparelladores e arquitectos técnicos, departamentos técnicos de urbanismos de deputacións e concellos, enxeñeiros técnicos industriais, técnicos de fontanería e calefacción, empresarios a construción, promotores e, en xeral, profesionais interesados. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de presentación que a Asociación desenvolve polas catro provincias galegas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2012.