O profesor Ángel Carracedo fala de xenética forense no Colexio Maior San Clemente
‘Xenética forense: utilidade, evolución e estado actual’ é o título da conferencia que o catedrático da USC e director do Instituto de Medicina Legal, Ángel Carracedo Álvarez, ofrece este martes 10 ás 21:30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior San Clemente.
A charla, de entrada libre, intégrase no programa de actividades ‘Martes de Marzal’ que organiza a Asociación C.M. San Clemente co apoio da Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC.